A ficción e a poesía son dose, medicinas. O que curan é a ruptura que a realidade provoca na imaxinación.
Feríronme e unha parte moi importante de min fora destruída, esa era a miña realidade, os feitos da miña vida; pero alén dos feitos estaba quen eu podía ser, como me podía sentir, e mentres tivese palabras, imaxes, historias, non estaba perdida.

Jeanette Winterson, Por que ser feliz cando podes ser normal

martes, 17 de junio de 2014

Area Maior (Malpica)



O sol rodea a atmosfera,
dálle unha aperta forte  a paisaxe.
A mar está calma, chea de soidade,
perfumada con plumas de gaivotas.  
Area  preñada de cunchas esnaquizadas,
batidas nos muíños das covas.
A mar está calma, chea de ledicia.
Serpean devagar  as súas ondas,
deixa espellos que nun intre  cambian de cor,
enche de sons o doce vento da mañá
A mar está calma , nunha soleada mañá na vila.


No hay comentarios:

Publicar un comentario