A ficción e a poesía son dose, medicinas. O que curan é a ruptura que a realidade provoca na imaxinación.
Feríronme e unha parte moi importante de min fora destruída, esa era a miña realidade, os feitos da miña vida; pero alén dos feitos estaba quen eu podía ser, como me podía sentir, e mentres tivese palabras, imaxes, historias, non estaba perdida.

Jeanette Winterson, Por que ser feliz cando podes ser normal

miércoles, 15 de enero de 2014

Eusebio Lorenzo

Busco nun tempo
nacido para a sombra
o reflexo do tempo
sobre a orde incerta das cousas.
Busco nos areais e polas praias
aquel que sempre vive cara ao centro de sí
e búscome a min 
en ti,
por iso digo praia, sombra,
palabra...
Porque somente quero
tecer con vellos versos o que nos falta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario