A ficción e a poesía son dose, medicinas. O que curan é a ruptura que a realidade provoca na imaxinación.
Feríronme e unha parte moi importante de min fora destruída, esa era a miña realidade, os feitos da miña vida; pero alén dos feitos estaba quen eu podía ser, como me podía sentir, e mentres tivese palabras, imaxes, historias, non estaba perdida.

Jeanette Winterson, Por que ser feliz cando podes ser normal

martes, 14 de enero de 2014

(Roberto Juarroz)

Estou contigo.
Pero por encima do teu ombreiro
dime adeus a túa man que se afasta.
Entón eu conteño a miña man
para que non nos traizoe ela tamén.
E insisto:
estou contigo.
Os innegables títulos do adeus
abandonan entón provisoriamente os seus dereitos.
E as nosas mans se aquietan
nas equidistancias de estar xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario