PENÉLOPE
Un paso adiante i
outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus
sonos non se move.
A espranza nos teus
ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos
moi lonxanos
che estrolla o sono
mól coma unha uva.
Pro ti envólveste en
sabas de mil anos,
i en sonos volves a
escoitar a chuva.
Traguerán os camiños
algún día
a xente que levaron.
Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén,
Xesús María!,
e toda cousa ha de
pagar seu desmo.
Desorballando os
prados coma sono,
o Tempo vai de Parga
a Pastoriza.
Vaise enterrando,
suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i
outro atrás, Galiza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario