A ficción e a poesía son dose, medicinas. O que curan é a ruptura que a realidade provoca na imaxinación.
Feríronme e unha parte moi importante de min fora destruída, esa era a miña realidade, os feitos da miña vida; pero alén dos feitos estaba quen eu podía ser, como me podía sentir, e mentres tivese palabras, imaxes, historias, non estaba perdida.

Jeanette Winterson, Por que ser feliz cando podes ser normal

miércoles, 26 de febrero de 2014

Marica CAMPO

¿ Non vés acenderme a luz
para que escriba?
Xa estou farta de agardar.
Está a mesa fría.
Cheira a humidade
e a mobles vellos.
Voaron os papeis
e non sei se é que a pluma verte tinta
ou se me sangran os dedos
de estreitar a túa ausencia.

2 comentarios: